IGREXA DE SAN PAIO DE FERREIRA

Relixioso
189

Localización

Parroquia: Ferreira (San Paio)

Lugar: A Seara 6

15562  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 22.0" N - 8º 02' 02.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural. Planta rectangular, con única nave, presbiterio e sancristía. Cuberta de lousa a diferentes augas No interior, gran sinxeleza e sobriedade. No exterior, muros revestidos e branquexados, exceptuando os esquinais. A fachada principal está organizada en único corpo, con porta rectangular, oco circular que permite a iluminación e pequena fornela coa imaxe de San Paio. Na cornixa áchase unha base rectangular sobre a que apoia a torre campanario. Prodúcese unha curiosa sensación visual de inestabilidade derivada do xogo de bandas en resalte e claroscuros da fachada.

No exterior da igrexa atópase un curioso palco da música, financiado nos anos 30 do século XX polos emigrantes pertencentes á parroquia.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar estrada con indicador a Moeche e Ferreira, aproximadamente a 3 km se atopa a igrexa parroquial, na man dereita da estrada.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 27/04/2017
Arriba