Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN ESTEVO&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN ESTEVO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22894/igrexa-de-san-estevo?langId=gl_ES
Parroquia: Sandiás (Santo Estevo)
Lugar: Sandiás
32692 Sandiás - Ourense
É de estilo gótico tardío, pouco frecuente en Galicia, construída por Bartolomeu de Nosendo antes de 1520. Ten unha soa nave e presbiterio cuadrangular. No interior, os arcos torales descansan sobre altas columnas pegadas aos muros, os capiteis dos cales presentan motivos renacentistas. Na ábsida atopamos unha cornixa rematada por un estreito peitoril, con follas trilobuladas descansando en caneciños. O retablo do século XVII é de grande importancia pola súa significación na arte de Ourense deste século, e no traballo de Francisco Moure.
Destaca outra interesante portada de estilo manuelino e con complicado xogo de arquivoltas e arcos. Ten dúas arcadas: a interior de arco rebaixado e quebrado no medio, formado por un estreito baquetón sobre columniñas do mesmo diámetro, con pequenos capiteis de follas serpeantes delicadamente esculpidas; a exterior de arco rebaixado liso. Fóra do arco, os baquetóns saen e québranse formando cinco puntas, catro delas rematadas en floróns oixivais e a central sostendo unha imaxe.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.