FERVENZAS DO RÍO NAU

Fervenzas
159

Localización

Parroquia: Manín (San Salvador)

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 53' 11.1" N - 8º 08' 23.0" W

Descrición

O río Nau nace na serra de Santa Eufemia e desemboca no río Limia no encoro de Lindoso.

Para chegar ao punto de inicio da ruta que nos levará ás fervenzas dirixirémonos á Casa da Escusalla, no lugar de Compostela, concello de Lobios. Percorrendo esta pequena ruta á beira do río Nau, veremos os seus nove muíños, algúns deles restaurados e todos identificados polo seu nome: das flores, de Carissa, Nuevo, de María...

Os puntos onde se atopan os muíños adoitan coincidir cos lugares onde se sitúan as pequenas fervenzas. Non hai que esquecer que estes muíños utilizaban a auga como motor para moer o gran.

A fervenza máis alta atópase xunto ao muíño de Carissa. Trátase dunha fervenza duns 5 metros de altura que dá lugar a unha gran piscina natural.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!