SEIMEIRA DO REGO DE BIDUEIRO

Fervenzas
170

Localización

Parroquia: Bogo (San Pedro)

Lugar: Sanxés

A Pontenova - Lugo

Coordenadas:
43º 17' 41.9" N - 7º 07' 11.0" W

Descrición

O rego de Bidueiro, onde se atopa esta fervenza, cambia de nome un pouco máis adiante para chamarse rego das Reigadas, que desemboca no río Eo.

A ruta de sendeirismo que leva a esta fervenza parte de Vilarxubín por unha pista forestal rodeada de piñeiros, carballos, castiñeiros, acivros, bidueiros... O camiño convértese posteriormente nun sendeiro, que cruza o rego Bidueiro e atravesa un souto de castiñeiros e carballos.

IMPORTANTE: a baixada ata esta fervenza, que ten uns 8 metros de altura, realízase por un empinado camiño empedrado, polo que haberá que baixar con moita precaución e apoiarse nuns bastóns de sendeirismo.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba