FERVENZAS DO RÍO VILAMEÁ

Fervenzas
218

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lugar: Vilameá

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 51' 19.9" N - 8º 04' 36.0" W

Descrición

O río Vilameá nace nos cumes da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. No seu nacemento coñécese como río Amoreira e é afluente do río Limia.

A ruta que nos levará ata esta fervenza comeza na Ermida da Nosa Senhora do Gerês, á beira da cal deixaremos o noso vehículo para continuar a pé por un camiño que nos levará ata a parte alta da ribeira do río.

Despois de percorrer aproximadamente 2 quilómetros, chegamos a unha ponte que cruza o río, onde xa podemos ver unha das fervenzas. O camiño converteuse nun sendeiro e teremos que subir en zigzag ata chegar ao punto onde se abre o val e dende onde veremos varios dos saltos de auga.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!