IGREXA DE SANTA OLAIA DE TRABAZOS

Relixioso
962

Localización

Parroquia: Trabazos (Santa Olaia)

Lugar: Trabazos

32766  Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 51.9" N - 7º 22' 37.9" W

Descrición

Construción barroca do ano 1720. Nave única con torre cadrada aos pés e cabeceira cuadrangular con contrafortes angulares. Nesta última atopamos un retablo de boa calidade e época posterior. A torre culmina en forma cúbica cunha arcada cara a cada un dos seus lados rematando en pináculos nos extremos que flanquean a cruz central. Na porta do sagrario represéntase o tema da Resurreción e a ambos os dous lados as estatuas de San Pedro e San Pablo.
Arriba