IGREXA DE SAN MARTIÑO DE ANDRADE

Relixioso
1127
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Andrade (San Martiño)

Lugar: A Pía

15614  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 57.0" N - 8º 09' 46.0" W

Descrición

Igrexa, en orixe románica, de estilo barroco, realizada no século XVIII. Presenta unha planta rectangular acabada na súa cabeceira cunha ábsida semicircular, dividida en tres tramos por dous contrafortes, con canzorros de diferentes motivos vexetais, xeométricos e antropomorfos.

Destaca a decoración da súa fachada principal, no eixe vertical da cal se superpoñen unha porta rectangular con decoración en orelleiras, unha pequena fornela rematada en arco de medio punto, un oco rentangular e, sobre unha base rectangular, unha espadaña de dous ocos rematada en pináculos con bóla.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!