IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE COENCE

Relixioso
833
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Coence (San Mamede)

Lugar: Coence

27207  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 40.0" N - 7º 52' 58.9" W

Descrición

Edificio construído no século XVIII, de estilo barroco. De planta rectangular a nave, e cadrada o presbiterio, ao que se pega no lateral esquerdo a sancristía. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dous e catro augas, e o pavimento interior de laxas de granito. A nave dispón de dúas entradas, unha no lateral dereito e a do fronte, ambas as dúas alinteladas. Para acceder ao presbiterio hai tres chanzos baixo o arco triunfal de medio punto. O fronte remátase cunha sinxela espadana. Consérvase un retablo no interior, o da capela maior do século XVI.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!