IGREXA DE SAN XULIÁN DE COIRÓS

Relixioso
137

Localización

Parroquia: Coirós (San Xulián)

Lugar: Coirós de Abaixo

15316  Coirós - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 00E-" N - 8º 09' 52.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico de finais do século XII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, da que sobresae unha ábsida rectangular. No interior o espazo entre a nave e o presbiterio resólvese mediante un arco triunfal apuntado, sobre dous semicolumnas de fuste curto e capiteis ornamentados con entrelazados, volutas e debuxos. No exterior destacan dos seus muros os contrafortes e as seteiras. A fachada principal foi reconstruída no século XVIII.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Acceso

Dende Coirós, na marxe esquerda da estrada N-VI áchase a igrexa.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 11/04/2017
Arriba