IGREXA DE SAN SALVADOR DE LEIRO

Relixioso
1017
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Leiro (San Salvador)

Lugar: Leiro

15639  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 31.5" N - 8º 10' 43.6" W

Descrición

Igrexa de estilo ecléctico, construída no século XX, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta un planta en forma de cruz onde se desenvolve unha nave divida en tramos e con cabeceira rematada nunha ábsida poligonal. O interior é moi sobrio dende o punto de vista ornamental. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O exterior busca a monumentalidade e concentra a decoración na fachada principal. Sobresae a espadaña de dous corpos, o primeiro composto por arcos oixivais, mentres que o segundo está articulado á súa vez por un corpo central flanqueado por pináculos. Dispón de cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Acceso

Dende Miño, tomar a N-VI en dirección Ferrol ata Leiro, á beira da estrada a man dereita atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba