CASA DA CONGA

Civil
1691
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Quintana de Mortos 1

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 48.9" N - 8º 32' 38.0" W

Descrición

Esta casa de inicios do século XVIII foi proxectada por Domingo de Andrade e executada por Fernando Casas y Novoa co obxecto de dar vivenda aos cóengos da Catedral. É de planta rectangular, cadeirado de granito e cuberta a catro augas de tella. Sobre un baseamento con chanzos levántanse as catro vivendas unificadas nunha soa fronte pero marcándose a separación entre si por cinco pilastras que soben ata a cornixa. As catro teñen a mesma ordenación: columnas dóricas exentas con tres arcos de medio punto na planta baixa e balcón con varanda de ferro e unha ventá a cada lado na planta nobre. Encima da pilastra central está o escudo do cabido. No mesmo eixe, sobre o tellado, hai unha colosal cheminea.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba