EDIFICIO DO HOTEL MODERNO

Civil
1749
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Policarpo Sanz 1

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 17.0" N - 8º 43' 28.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1897 por Pacewicz. Na súa orixe era unha edificación de vivendas para o Conde de Torrecedeira, don Manuel Bárcena Franco. Constaba dun semisoto, planta baixa, entrechán, tres plantas altas e unha baixocuberta iluminada con óculos. Unha remodelación en 1977 modificou o seu interior e a cuberta para obter dúas plantas, eliminando así a cúpula de escamas cromatizadas que coroaba a esquina. Hoxe hai que destacar a parte frontal de rotonda e as dúas fachadas. As fachadas son simétricas, con vans de distinta altura, uns illados e outros enmarcados entre columnatas corintias. Como elementos decorativos o edificio ten: frontóns neobarrocos partidos con volutas, balcóns corridos e outros illados, almofadados, arcos escárzanos e semicirculares, linteis simples ou decorados, etc. Abundan tamén as liñas curvas propias do rococó francés.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!