PR-G 143 ROTEIRO DO RÍO ARNOIA

Sendeirismo
2738

Localización

Ourense

Cartelle | Gomesende | Ramirás

Coordenadas:
42º 12' 30.1" N - 8º 06' 34.2" W
42º 12' 26.3" N - 8º 04' 29.9" W

Descrición

Na súa parte inicial, ao chegar á presa de Cachón, percorre durante case 2 km unha canle hidráulica que foi construída a mediados do S. XX para desviar a auga do río e producir enerxía que abastecía as minas de estaño da Serra de Seixosa.
Tras finalizar o tramo da canle no lugar coñecido como a Bomba, no meandro do río Arnoia denominado Coto de Seoane, acométese un forte ascenso en dirección oeste, retomando o curso do río para contemplar os vestixios dos Muíños da Chancela na beira oposta ao sendeiro polo que transcorre o percorrido. Na aldea do Viso pódese visitar a pequena capela das Angustias antes de ascender por un estreito sendeiro entre valados e alcanzar as cotas altas da serra do Seixival; o final da ruta está no Santuario de Nosa Señora do Val.
Edificio barroco no antigo Camiño de Santiago que viña dende Porto e Celanova. Chaman a atención os restos do patio renacentista sen rematar onde se asenta o camposanto. Dende o santuario pódese volver a Escudeiros a través dunha pista de tres quilómetros de percorrido en dirección leste.

Acceso

Na OU-531 que une Celanova e Cortegada, á altura de Vilavidal encontraremos o desvío que nos levará ata Escudeiros.

Lonxitude

11 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Santuario Nosa Señora do Val (Gomesende) - UTM:29T X:573631 Y:4673510
Punto de partida: A poucos metros do cruceiro de Escudeiros (Ramirás) - UTM:29T X:576481 Y:4673424

Percorrido

Escudeiros, O Viso, Arnoia Seca, Santuario Nosa Señora do Val.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

3 horas e 45 minutos.

Servizos

Fóra da ruta, en Escudeiros e Gomesende.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

225-III Cortegada.

Máis información

Concello de Ramirás

Tel.: 988 491 523
concello.ramiras@eidolocal.es
www.concelloderamiras.gal

Concello de Gomesende
Tel.: 988 485 000
concellogomesende@yahoo.es
gomesende.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!