IGREXA DE SANTA MARIA DE XARES

Relixioso
1340

Localización

Parroquia: Xares (Santa María)

Lugar: Xares

32369  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 14' 35.9" N - 6º 55' 53.3" W

Descrición

Esta igrexa está nunha paraxe natural de gran beleza á beira do río Xares. Data do ano 1010 e presenta mostras de distintos estilos debido ás reformas que tiveron lugar nela ao longo destes mil anos de vida. Na fachada, de estilo neoclásico, podemos observar o escudo da casa de Lamela, marquesado de Figueiredo. O escudo divídese en 4 seccións: a primeira corresponde ao apelido de Quiroga, representado por un lobo atado a unha árbore; a segunda, a Ponce de León, representado por un león e 4 bastóns de gules; a terceira pertence a Quiroga de Lamela, representado por 5 bastóns de gules; por último, na parte baixa, podemos observar un motivo de caza, debido á importancia que esta tiña na zona de influencia desta igrexa. A súa planta é de estilo románico.

O marquesado de Figueiredo, procedente do de Figueroa, estendeuse pola Península coa Reconquista, enlazando coas máis nobres liñaxes e probando en numerosas ocasións a súa nobreza nas ordes de Santiago, Calatrava e Alcántara. 

Destaca tamén no exterior a cúpula, que posúe unha orixinal lanterna que ilumina de forma natural o templo. No interior, catro figuras labradas en pedra "suxeitan" a base da cúpula. Nela consérvanse elementos dun gran valor, como un copón de prata do século XIV ou unha cruz do XVII.

Acceso

Igrexa situada aproximadamente a 12km do pobo da Veiga.
Estrada local A Veiga - Xares.
Arriba
Axúdanos a mellorar!