IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE CURBIÁN

Relixioso
799
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Curbián (San Martiño)

Lugar: Curbián

27204  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 38.9" N - 7º 54' 32.0" W

Descrición

Igrexa románica do s. XII ou comezos do XIII, con reformas do s. XIX. De planta rectangular, composta por nave, capela maior máis elevada e sancristía pegada no lateral norte. Fabricada con cadeirado de granito e cuberta de tella a dous e catro augas. Frontis con porta de arco de medio punto, con columnas e capiteis, con ornamentación xeométrica o esquerdo e figurada o dereito. A espadaña que culmina o frontis é dun só van. No lateral norte ábrese outra porta de arco de medio punto con decoración. No lateral sur do presbiterio sitúase o antigo ventanal románico da primitiva ábsida derrubada no XIX. Interior: arco triunfal apuntado con capiteis decorados e dous retablos do s. XVIII.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!