IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE PIDRE

Relixioso
844
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pidre (Santa María)

Lugar: Pidre

27207  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 42.9" N - 7º 55' 05.9" W

Descrición

Igrexa Románica do s. XII, que conserva a nave e o frontis, con numerosas reformas posteriores. É de planta rectangular, constando de nave, capela maior cuadrangular (barroca) e sancristía pegada en cabeceira. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, con cuberta de tella a varias augas. A portada principal é de arco de medio punto e está formada por dúas arquivoltas decoradas, imposta con bólas e tacos, e dúas columnas acodilladas en cada lado, con capiteis decorados. Tímpano alintelado con cruz inscrita nun círculo. A fachada principal está rematada por unha espadana dun só van. Presenta outra portada románica no lateral norte, con arco de medio punto oculto ao exterior por un tímpano alintelado pentagonal. Interior: arco triunfal de medio punto e retablo neoclásico con varios talles.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!