IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE SAMBREIXO

Relixioso
900
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Breixo (San Salvador)

Lugar: San Breixo

27568  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 47' 02.9" N - 7º 48' 06.9" W

Descrición

Construción do século XII. A nave é rectangular, coa sancristía pegada ao alzado Norte do presbiterio. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito. A cuberta é de tella a dúas augas. A porta principal, de arco de medio punto, con dúas arquivoltas de sección rectangular con baquetiña na aresta, dúas ordes de columnas acodilladas con capiteis moi esquemáticos. Nel a fachada está rematada cunha espadana de dous vans. Nos muros da nave consérvanse canecillos xeométricos e unha seteira. Na capela maior consérvanse restos de pinturas murais tras o retablo de estilo Neoclásico.

Acceso

Dende Monterroso coller dirección Lugo. A 50 m hai que desviarse á dereita nun cruzamento sinalizado. A 4 km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!