CAPELA DE SAN LOURENZO DE PEDRAZA

Relixioso
1056
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pedraza (Santa María)

Lugar: San Lourenzo

27569  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 48' 47.9" N - 7º 51' 47.9" W

Descrición

Edificio de orixe románica, conserva nunha inscrición a data da súa fábrica (1127) e o nome do mestre de obra Petrus Didaci. Sufriu importantes reformas entre os séculos XVI e XIX.
A nave ten planta rectangular, con ábsida da mesma feitura. Posúe ventá absidal conformada por arco de medio punto apoiada en imposta de bólas. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito, e, a cuberta, de tella a dúas augas.
Portada principal con porta de arco de medio punto, rematada en espadana de dous corpos e un só van, e balaústre de pedra.
Conserva varios canzorros da obra románica con figuración zoomórfica e antropomórfica.
Os retablos que se conservan nos laterais son de estilo neoclásico.

Acceso

En coche, tomar a estrada que une Monterroso con Palas (C. 123). A uns tres quilómetros, ao pasar Bidouredo, é preciso coller unha pista á man dereita que nos leva ata a capela logo dun quilómetro.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!