CAPELA DA VIRXE DA LUZ

Relixioso
996

Localización

Parroquia: Meder (Santo Adrián)

Lugar: A Luz

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 56.9" N - 8º 26' 09.9" W

Descrición

Convertida dende 1915 en templo parroquial, o seu protagonismo creceu favorecido tamén polo ámbito de frondosa vexetación arbórea no cal se atopa. Na súa fachada, destaca unha fornela, situada sobre a porta alintelada de acceso, que cobixa unha imaxe Mariana. Flanqueada por dous escudos de armas, remata esta portada unha típica torre espadaña. Pedras de armas dos Barbeito, Padrón, Mariño ou Valladares dispóñense polo edificio facendo alusión a un pretérito mecenado.
Arriba
Axúdanos a mellorar!