PRAZA DA MAGDALENA

Civil
1839
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Magdalena

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 08.5" N - 7º 51' 47.7" W

Descrición

A orixe da súa forma débese, talvez, a que é unha praza pensada para ser un claustro. O seu nome provén dunha capela xa desaparecida, propiedade do Conde de Amarante, no lugar onde a praza entronca coa do Trigo. O lugar, antigo mercado de froitas e verduras, antes de praza foi cemiterio, como nos lembran as lápidas medievais nun lateral, apoiadas na igrexa de Santa María Nai. Está centrada por un cruceiro barroco, un dos máis fermosos da cidade, que veu descansar a este lugar desde o seu sitio orixinal, preto da Ponte Romana. Pode chamar a atención do visitante o uso como pavimento de cantos rodados, que se repite en varias prazas. Iso é debido á súa abundancia no substrato ourensán, o que o converteu no lousado tradicional de Ourense, recuperado posteriormente xa no século XX.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!