RÍA DE ORTIGUEIRA

Rías e praias
240

Localización

Coordenadas:
43º 41' 01.5" N - 7º 51' 35.4" W

Descrición

Entre as puntas de Estaca de Bares, polo norte, e o cabo Ortegal, os vértices máis setentrionais da Península Ibérica -"de fino e agudo debuxo de lanza", o primeiro e "empenado Ortegal", o segundo, en palabras de Otero Pedrayo- ábrese a boca da ampla ría de Ortigueira e o seu apéndice do Ladrido. Fronte a el, a illa de San Vicente.
Este brazo de mar, un amplo abano que penetra cara ao sur, aparece encaixado entre a serra da Capelada, ao oeste, e a serra da Faladoira, ao leste.
Polo sur, a ría convértese en marisma, a medida que se achega á desembocadura dos ríos Mera e Baleo.
A suavidade das temperaturas ao longo do ano e a abundancia de precipitacións explican a exuberante vexetación e a riqueza de maceiras que, no sector de Mera, se converten no seu elemento distintivo.
As vilas de Ortigueira, na marxe oriental, e Cariño, na occidental, canalizan a actividade económica da comarca. A primeira, capital do antigo condado de orixe medieval, é máis comercial e turística; a segunda, porto de importancia, vive da pesca e da súa transformación industrial. Xunto a elas destaca o porto de Espasante, outro lugar no que as actividades pesqueiras son prioritarias.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba