Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA EXPOSICIÓN EXALTACIÓN DO VIÑO DA ZONA DO RIBEIRO&body=Recoméndoche que leas a información FEIRA EXPOSICIÓN EXALTACIÓN DO VIÑO DA ZONA DO RIBEIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-or-000007/feira-exposicion-exaltacion-do-vino-da-zona-do-ribeiro?langId=gl_ES
32400 Ribadavia - Ourense
A capital da comarca do Ribeiro celebra desde 1963 unha festa dedicada ao seu viño, un produto de fama e tradición milenaria que constitúe o elemento de identidade por excelencia desta comarca ourensá. É a Feira Exposición do Viño do Ribeiro, unha boa ocasión para coñecer e catar a variedade de caldos, brancos e tintos, que se producen nestas terras bañadas polos ríos Miño, Avia e Arnoia. Adegas e colleiteiros pertencentes á Denominación de Orixe Ribeiro, participan nela cunha produción que revalida cada ano a súa excelencia e explica a merecida fama nacional e internacional duns caldos frescos, lixeiros e transparentes, que se caracterizan polas súas sorprendentes combinacións de aromas florais e afroitados. Os primeiros días da feira, a exposición está orientada aos profesionais. Celébranse xornadas técnicas e participan nela hostaleiros, importadores, restauradores e prensa especializada.
A fin de semana, o público xeral ten a oportunidade de participar nun concurso de cata popular, e na praza da Magdalena instálase un mercado artesanal moi concorrido. Deporte, animacións musicais e verbenas, xunto a unha exposición de maquinaria agrícola, conforman un programa cuxo principal obxectivo é a exaltación dos viños do Ribeiro.
Destacado:
Cata popular, na Praza Maior.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.