SAN LOURENZO

Relixioso
2087
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: San Lourenzo, s/n

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 41.0" N - 8º 33' 27.0" W
+34 981 585 871

Descrición

A súa historia remóntase a 1216, ano en que se fundou unha ermida; no s. XV era propiedade dos Condes de Altamira, os que o cederon á orde franciscana. Na actualidade pertence aos Duques de Soma, descendentes dos fundadores. No s. XVIII constrúese o claustro, a sancristía e levántase o cruceiro, transformándose nunha igrexa de planta de cruz latina cunha nave en catro tramos e bóveda de canón. Da igrexa medieval consérvanse tres tramos da nave e o pórtico de entrada con arcos abucinados. Alberga un retablo do s. XVI en mármore de Carrara realizado en talleres lombardos. En 1760 realízase a portada lateral onde se abre unha fornela coa imaxe de San Lorenzo. O claustro de dúas alturas con arcadas de medio punto, contén un xardín de sebes de buxo convertidos en símbolos da fe cristiá: a cuncha de Santiago, a cruz de San Dominico, a orde de Calatrava, Alpha e Omega, etc. No lado de poñente, unhas escaleiras de pedra conducen a un manancial coroado por unha escultura da Virxe revestida de hedra. É Monumento Histórico-Artístico dende 1979. Parte das dependencias privadas alúganse para a celebración de banquetes.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Estilos

Románico
Románico

Orden Relixiosa

Franciscanos

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!