Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
RENFE, empresa de servizos de transportes ferroviarios de viaxeiros e mercadorías, conecta a Galicia co resto das cidades españolas e europeas. Tamén permite desprazarse comodamente por Galicia mediante as liñas que comunican as distintas cidades.
Con máis de 1.600 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con cerca de 130 portos de diferentes tamaños e características. Eles, xunto coas súas infraestruturas propias, achegan toda clase de comodidades para facilitar a chegada das persoas visitantes que escollen este medio de transporte. Nas diferentes instalacións náutico-deportivas de Galicia proporcionaranlle toda a información que necesite para achegarse en barco.
Outro xeito de chegar a Galicia por mar é mediante os cruceiros turísticos que cada vez en máis número saen, chegan ou fan parada nos portos de Ferrol, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
EMPRESAS DE TRANSPORTE EN BARCO
Galicia conta cunha importante rede de infraestruturas viarias que facilitan a chegada das persoas que nos visitan empregando este medio de transporte, así como con grandes e completas terminais nas cidades e estacións nas vilas para os servizos de proximidade.
As diferentes compañías que operan en Galicia contan con oficinas de información e venda de billetes nas principais estacións de autobuses.
As autoestradas e autovías, xunto coa rede de estradas, configuran unhas infraestruturas de mobilidade que permiten aos viaxeiros e viaxeiras chegar a Galicia e moverse dentro dentro dela con total facilidade.
As principais vías de entrada son: A Autoestrada A-8 que conecta a Comunidade autónoma coas cidades e capitais do norte de España. A Autoestrada A-6 e a A-52 que permiten achegarse a Galicia dende Madrid. Por outra banda a AP-9 non só permite o desprazamento por boa parte do litoral galego senón que facilita a comunicación co veciño Portugal.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.