Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > Vigo > Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de Vigo

Conta Xulio Verne que o segredo mellor gardado do Capitán Nemo está en Vigo. Sabías que aquí viña o submarino Nautilus a aprovisionarse de ouro? Na ría de Vigo hai ducias de galeóns afundidos cargados co ouro das Américas. Tesouros que aínda non saíron á luz.

Pero tamén hai tesouros ao alcance de todos. Como pasear polo Casco Vello e tomar unhas ostras na Pedra. Ou un día de praia en Samil. Ou o Parque de Castrelos, co seu pazo e os seus xardíns. Ou unha excursión en barco ao paraíso das illas Cíes. Ou pasear por rúas repletas de elegantes camelias. Ou subir ao Castro para ver unha impresionante posta de sol. E para os que senten novos, a lendaria noite viguesa... Aberta ata o amencer.

Isto é Vigo, a maior cidade de Galicia. Unha cidade moderna e emprendedora, aberta ao mundo.

Ampliar
  • Casa Bárcena

    Casa Bárcena

    Hoxe Centro Social Caixanova, obra de Jenaro de la Fuente entre 1879 e 1883.

  • Casa Bonín

    Casa Bonín

    Na rúa Areal 40-42, esquina Oporto. Obra de Jenaro de la Fuente en estilo ecléctico pleno.

     

  • Casa das Artes

    Casa das Artes

    (Primeiro terzo século XX), na rúa García Barbón, obra de Romualdo de Madariaga en estilo racionalista.

  • Casa de Pazos Figueroa

    Casa de Pazos Figueroa

    Nº 4 da Praza de Almeida, sede do Instituto Camões. Aproxímase ao estilo renacentista plateresco. S. XVI.

  • Concatedral de Santa María

    Concatedral de Santa María

    Neoclásica. Obra de Melchor Prado Mariño.

  • Edificio Banco Pastor

    Edificio Banco Pastor

    (1923) de M. Gómez Roman. Esquina Policarpo Sanz/Colón. Estilo ecléctico academicista.

  • Escultura "O Sireno"

    Escultura "O Sireno"

    De Francisco Leiro. Porta do Sol.

  • Grupo escultórico "Os Cabalos"

    Grupo escultórico "Os Cabalos"

    Do escultor Oliveira. Praza de España.

     

     

     

  • Hotel Moderno

    Hotel Moderno

    Obra do arquitecto francés de orixe polaca Michel Pacewicz. 1897. Estilo ecléctico pleno. Rúa Policarpo Sanz.

  • Mercado da Pedra

    Mercado da Pedra

    Mercado tradicional remodelado para acoller unha variada oferta comercial. Unha visita ineludible é achegarse aos postos de ostreiras que ofrecen aos viandantes as delicias deste molusco.

     

  • Monumento a Elduayen

    Monumento a Elduayen

    Nos xardíns das Avenidas. Obra de Agustín Querol.

  • Monumento a Méndez Núñez

    Monumento a Méndez Núñez

    Na Alameda. Obra de Agustín Querol.

     
  • Monumento ao traballo

    Monumento ao traballo

    Obra de Ramón Conde no comezo da Gran Vía

  • Porta do Atlántico

    Porta do Atlántico

    Do artista Silverio Ribas na Praza de América.

     
  • Pazo Museo Quiñones de León

    Pazo Museo Quiñones de León

    En Castrelos, cunha finca e xardíns espectaculares (5 ha. de xardín inglés, francés e roseira). Segunda metade do século XVII.

  • Poboado Castrexo Galaico-Prerromano

    Poboado Castrexo Galaico-Prerromano

    No Monte do Castro: (s. VII a. C. – II d.C.).

  • Restos da Fortaleza

    Restos da Fortaleza

    No monte do Castro. S. XVII.

     
  • Ribeira do Porto-O Berbés

    Ribeira do Porto-O Berbés

    Antigo barrio pesqueiro que conta con algúns exemplos de harmónica e sinxela arquitectura mariñeira

  • Santuario do Monte da Guía

    Santuario do Monte da Guía

    No barrio de Teis. Parque cun miradoiro perfecto sobre a cidade e a ría. Monte coroado por unha ermida en honra de Santa María das Neves.

     
  • Teatro Fraga-Caixa Galicia

    Teatro Fraga-Caixa Galicia

    Comezos do século XX.

  • Teatro García Barbón

    Teatro García Barbón

    (1913). Rúa Policarpo Sanz, 1. Obra de Antonio Palacios. Estilo ecléctico academicista. Sede do Centro Cultural Caixanova.

Non deixes de ver...

Destacado

  • Illas Cíes - Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

O visitante de Vigo ten unha oportunidade única de encontro coa natureza virxe, achegarse ás Illas Cíes. Son tres illas situadas na entrada da Ría de Vigo e forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Contan cun cámping e con transporte regular en tempada alta que traslada aos turistas ao arquipélago, con varias viaxes ao longo do día, aínda que debemos ter presente que hai unha limitación de visitantes por día para reservar con tempo a travesía. Lugar ideal para gozar dun ambiente natural en praias paradisíacas. Gran riqueza paisaxística, de fauna (en especial aves mariñas) e flora.

Propoñémosche estes plans...

ver máis...

Axenda cultural...

Ría de Vigo e Baixo Miño

XEODESTINO

Ría de Vigo e Baixo Miño

A marxe sur da ría de Vigo é unha sucesión de grandes praias de area dourada e de recolectos portos...

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Aquí está a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, dío o xornal The Guardian...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba