Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Descubre os meus segredos...

  • O país de occidente...
  • Onde o mar comeza...
  • Terra humanizada...
  • Cidades...
  • Territorio milenario...
  • O camiño...
  • Tradición...
O Courel
Serra do Caurel
Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo...Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade é tan grande como queiras... Vicente Risco (1884-1963), escritor
Galicia ten unha extensión semellante á de Bélxica, Massachusetts (USA), República do Salvador, Taiwan ou Israel
Tradicións
Sabucedo
Cando a gaita soa, un ar antigo enche as terras e os corazóns, algún avó dicta os ritos e a tradición se renova. Corpo a corpo cos cabalos salvaxes, revestidos coa máscara ancestral, a festa comeza sempre na punta do pé.
O antroido é das festas tradicionais máis importantes do calendario galego, onde se contan máis de 4.000 festas locais e un repertorio sen fin de romarías e celebracións gastronómicas
Xente
Rúas nas cidades galegas
Os nosos avós viñeron do campo. En 1900, só o 10% da poboación vivía nas cidades, hoxe somos case a metade os que habitamos nas grandes urbes. Velaí o escenario da creatividade económica e cultural
A data clave neste rexurdir é 1863, ano no qe Rosalía de Castro publica Cantares Gallegos, un libro de poemas en língua galega, que dá comezo ao Rexurdimento cultural e político. Na imaxe, escultura na Real Academia Galega
Pontevedra
Pontevedra
A antiga ponte romana dalle o seu nome. Parten as naves rumbo aos portos da Europa, na foz do Lérez, mareantes e mercadores constrúen a Pontevedra medieval. Administrativa, comercial, a cidade soubo cultivar o prodixio e a pedra florece aínda á sombra das camelias
Illas Cies
As Illas Cíes protexen a ría de Vigo
Enchéronnos o vaso / con toda a auga do Mar / pra compor un cock-tail de horizontes. Manuel Antonio (1900-1929), escritor
A pesca desembarcada en Galicia representa o 60% do total do Estado Español. O antigo poeta romano Marcial cantou en latín as excelencias dos peixes e mariscos do "Océano Galaico"
Ribadulla
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
Galicia ten 3.781 parroquias, as unidades básicas de poboación, que agrupan varios lugares arredor dunha igrexa. A administración é xestionada por 314 concellos e o territorio componse de 53 comarcas distribuídas en 4 provincias.
Con apenas o 6% da superficie do Estado Español, Galicia conta con máis da metade das entidades de poboación, na actualidade son 29.985, algunhas dunha soa casa
Ortigueira
Praias da Ría de Ortigueira
O litoral galego exténdese ao longo de 1.498 km de costa
O xornal británico The Guardian elixíu a praia de Rodas, nas Illas Cíes, como a mellor praia do mundo
Muralla Romana
Muralla romana, Lugo
Foi un devanceiro daquel Bruto que matou a Cesar, o primeiro xeneral romano que chegou ao noso país. Naquel ano 137 antes de Cristo, os Galaicos, o primeiro pobo que presenta batalla, dá o seu nome a toda a terra dos castros.Pasados catrocentos anos, o emperador Caracalla crea a provincia de Gallaecia (Galicia)
A muralla romana de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Son máis de dous quilómetros de perímetro que cinxen o centro histórico da cidade desde finais do século III despois de Cristo
Terra Cha
Pradeiros na Terra Cha
Velaquí unha paisaxe que os galegos gostamos de dicir humanizada -unha casa aquí, outra acolá- onde a distancia entre os lugares non é moita e onde as paraxes inhabitadas son sempre de pouca extensión. Nos recunchos máis agachados, as fragas, o bosque antigo e misterioso.Rosalía de Castro (1837-1885), escritora
A terra cuberta en todas as estacións de herbiñas e de flores; os montes cheosde piñeiros, de carballos e de salgueiros; os lixeiros ventos que pasan; as fontes e os torrentes derramándose fervedores e cristalinos, verán ou inverno, xa polos risoños campos, xa en profundas e sombrizas vagoadas...-Rosalía de Castro (1837-1885), escritora
Canón do Sil
Canón do río Sil
A rocha granítica é carácter dominante en Galicia. As súas formas suaves, opulentas, moitas veces nun estadio avanzado de senilidade, compóñen as grandes paisaxes e os pequenos detalles [...] Son de granito os pazos, os templos románicos e as moradas labregas RamónOtero Pedrayo (1888-1976). Escritor
A vexetación marca a paisaxe e os espazos naturais protexidos acadan o 12% do territorio. Galicia conta cun Parque Nacional, cinco Parques Naturais e outras moitas paraxes con medidas de conservación. A masa forestal fornece o 49% da madeira total do Estado Español
Ribeiro
Viñas en Beade, O Ribeiro
A paisaxe galega que contemplamos foi creada pacientemente, tenazmente, por xeracións e xeracións de galegos co seu traballo, coas súas mans.Ramón Piñeiro (1913-1990) Escritor
Un viño e tamén unha terra, o son dun campanario ao lonxe, unha festa, a fala da xente que vendima e máis as súas cancións. O viño é tamén parte da expresión cultural dun país.-Álvaro Cunqueiro (1911-1981) Escritor
Ourense
Ourense
As ninfas gardan o santuario termal. A vía romana salva o Miño pola ponte de pedra. Na encrucillada xurde a vida. Episcopal e burguesa no medievo, capital provincial no século XIX, Ourense é hoxe a cidade que marca a moda galega e a industria agroalimentaria
Santiago
Santiago de Compostela
Foi a primeira, floreceu cen anos antes, a cidade de Santiago de Compostela xurde da forza dun mito, un santo galego que conquista a Europa Medieval. Monumental, cabeza do reino, a situación e o peso da historia fixeron dela a capital de Galicia.
A Coruña
A Coruña
Porto de Roma na rota de Britania, rocha atlántica, case illa, A Coruña navega desde sempre co pulo económico do mar. Cidade administrativa, de mercadores e emprendedores, xurde aquí o Fast-fashion-system que hoxe rexe o mercado mundial da moda
Ferrol
Ferrol
Desperta da Idade Media no século XVIII, na vila mariñeira de Ferrol os ilustrados trazan novas rúas coa forza da razón. O Arsenal Real fai abrollar unha cidade industrial na ría máis protexida
Lugo
Lugo
Todos os camiños levan a Lugo, á fraga sagrada na que Augusto puxo a capital romana dos galaicos. A muralla imperial aínda cinxe as rúas que centran a actividade dos seus orgullosos horizontes agrarios
Teixido
Santo André de Teixido
Contra este mar bravo, contra o Océano Atlántico, os galegos sentimos toda Europa ás nosas costas
Os cantís máis altos da Europa continental están no Santo André de Teixido, Cedeira, e acadan 620 m de altura
Vieira
A vieira, o sinal da viaxe
Desde o século IX os peregrinos andan os camiños de Europa cara Compostela. No século XII estímanse cincocentos mil, no último ano do século XX chegaron á cidade dez millóns de persoas
Hoxe os motivos da peregrinaxe son diversos, desde os espirituais aos artísticos. O Consello de Europa declarou o Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo (1987)
Vigo
Vigo
Os peixes todos saben o seu nome. Nos sete mares do mundo pescan mariñeiros embarcados en Vigo, a capital europea da pesca. A iniciativa industrial fixo desta aldea galaico-romana a metrópole industrial do sur do país
Axeitos
Dolmen de Axeitos, Ribeira
Son os primeiros monumentos de Galicia. Hai 6.000 anos, as primeiras comunidades de agricultores comezaron a erguer os dolmens. Do mar á montaña, no noso país cóntanse por miles, pero só algúns mostran ao ar as súas grandes pedras
Debuxos gravados nas rochas graníticas. Hai 4.500 anos, as xentes da Idade do Bronce deixaron nos montes as súas mensaxes. Son un enigma sen paralelo na Península Ibérica
Baroña
Castro de Baroña, Porto do Son
Os castros son as primeiras vilas e aldeas. Moitos teñen desaparecido debaixo das actuais poboacións, pero outros mostran aínda as ruínas das súas casas circulares. Son a testemuña da cultura que se enfrontou a Roma
Os torques son as xoias de ouro para levar no colo. Son o orgullo dos guerreiros dos castros, coma estas pezas conservadas no Museo de Lugo
Monte Louro
Monte Louro na saída da raía de Muros e Noia
O océano acouga nas rías. Nestas singulares formacións xeográficas o mar penetra terra adentro e a vida xurde. A paisaxe é sempre un prodixio sorprendente nas doce rías galegas.
A palabra galega ría é hoxe un termo xeográfico internacional, utilizado en varias línguas, grazas ao xeógrafo alemán Von Richthofen, que propuxo o seu uso en 1886
Pórtico
Pórtico da Gloria, catedral de Santiago
Son os séculos dourados, durante a Baixa Idade Media, no Reino de Galicia remózase a agricultura, xeralízase o comercio e as artes florecen no século XII , será Santiago o lugar de Europa onde se escoite por primeira vez o canto polifónico
O románico acada o seu cume no Pórtico da Gloria. Aquí, a arte europea aprende a sorrir de novo, despois de tres séculos de telo esquecido
Medievo
Músicos do Libro da Música de Afonso X
A Idade Media é tamén o tempo da nosa grande creación colectiva, os galegos comezamos a falar galego, unha língua romance, filla do latín e irmá do portugués, que acada a súa madurez literaria no século XIII. Reis, nobres e trobadores de toda condición, cantan ao amor nas terras de Galicia e Portugal
As cantigas medievais galegas son un dos tesouros do patrimonio cultural de Europa; como exemplo, esta peza do trobador Martin Codax, interpretada polo grupo In itinere
Via Lactea
A Vía Láctea ou vía dos peregrinos
A capital da Galicia é a única cidade do mundo que ten unha marca astral. A noite, un regueiro de estrelas sinala no ceo a mesma dirección, o Camiño de Santiago, a rota ao extremo confín do continente europeo
Calzado de peregrinos chegados a Santiago, ao albergue do Monte do Gozo. A pé ou a cabalo, en carro ou en avión, a rota segue viva
Catedral
Fachada do Obradoiro, catedral de Santiago
Na historia, a intención da viaxe foi a visita á tumba de Santiago o Maior, un dos doce apóstolos de Cristo, que a tradición quere soterrado na capital de Galicia. Pero o encontro das xentes de todo o continente fixo do Camiño un potente cruxol cultural de Europa
En datas sinaladas, un enorme incensario baila entre as bóvedas da basílica. A Igrexa celebra Ano Santo Xacobeo cando o 25 de xullo, festa do Apóstolo, cadra en domingo
Gastronomia
Produtos do océano galáico
Nalgúns museos galegos consérvanse cunchas de mariscos consumidos nos castros hai 2.000 anos. Pero é a combinación dos productos mariños e os agrarios os que crean a Dieta Atlántica.
A Dieta Atlántica: consumo elevado de peixes e mariscos, verduras de folla e outras hortalizas, consumo moderado de carnes vermellas, patacas... todo preparado de xeito sinxelo. Varios científicos promoven o seu hábito desde a Declaración de Baiona (2006)
Parlamento
Sesión no Parlamento de Galicia
Galicia vive un período excepcional na súa historia. Desde o ano 1981, o noso país conta cun parlamento e un goberno elixidos na pluralidade, que dispoñen de amplas competencias no marco do Estado Español
O primeiro escudo de Galicia foi deseñado en Inglaterra cara 1282, partindo da semellanza fonética entre Galice e Calice. Consérvase no Colexio de Armas de Londres
Cabo Fisterra
Fisterra
Situada ao sur do Mar Céltico, ao norte do espazo mediterráneo, Galicia forxou unha cultura na encrucillada destes dous mundos. Velaquí un antigo reino atlántico onde vivimos perto de tres millóns de galegos
Velaquí a flor de occidente, a que medra nos cantís máis ríspetos do fin da Europa nos meses de maio e xuño. É a flor da herba de namorar (Armeria Maritima Willd.), que as mozas galegas usan nos seus feitizos de amor
Hoxe
Cartaz dunha compañía navieira, 1910
Para os galegos Fisterra nunca foi o fin senón o principio. Só entre 1880 e 1930, emigraron case millón e medio de persoas. A pegada humana déixase sentir aínda en América: Simón Bolivar, Bernardino Ribadavia, Fidel Castro, García Márquez, Nélida Piñon ou Martin Sheen son descendentes de galegos
Hoxe, a presenza de Galicia no mundo é tamén económica: aquí ten a súa sede a maior cadea internacional de moda,a exportación de carros acada o 12% do PIB e o noso país é a primeira potencia pesqueira de Europa
Cabo Fisterra
Cabo Fisterra
Baixo a luz escura e misteriosa do Atlántico, no extremo occidental de Europa hai un verde país desbruzado diante do mar maior
Achada no cabo Ortegal, esta pedra de anfibolita é unha mostra da rocha máis antiga da Península Ibérica. Foi forxada no fondo do Océano hai 1.156 millóns de anos
Regato Deza
Regato, comarca do Deza
O Atlántico manda, porque é do océano de onde veñen as choivas que manteñen o país sempre verde, a él van os mil ríos do país e del ven o tempero que achega a Corrente do Golfo
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba