Son os séculos dourados; durante a Baixa Idade Media, no Reino de Galicia modernízase a agricultura, xeneralízase o comercio e as artes florecen no século XII.

Será Santiago o lugar de Europa onde se escoite por primeira vez o canto polifónico.

A Idade Media é tamén o tempo da nosa gran creación colectiva, os galegos comezamos a falar galego, unha lingua romance, filla do latín e irmá do portugués, que acada a súa madurez literaria no século XIII.

Reis, nobres e trobadores de toda condición, cantan ao amor nas terras de Galicia e Portugal.

As cantigas medievais galegas son un dos tesouros do patrimonio cultural de Europa.

Arriba