Neste tren viaxarás ata A Coruña para coñecela dun xeito diferente.

Volverás no tempo ata 1906, da man dun guía moi especial. Nese ano nacía unha das empresas máis recoñecidas do país: Estrella Galicia. Terás a oportunidade de coñecer o seu museo MEGA e vivir unha experiencia inmersiva nas súas instalacións, rematando a visita cunha degustación de cervexa e produtos galegos. Pola tarde, achegaraste ata Abegondo e descubrirás dous dos elementos básicos para a elaboración da cervexa: a auga do encoro de Cecebre e o lúpulo, cultivo que está en pleno proceso de recuperación e expansión nesta comarca das Mariñas.

Tempo libre para xantar A CORUÑA: (14:30-16:30 aprox.)

 

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!