De ría a ría, percorrendo o Golfo Ártabro …

O tren levaranos dende A Coruña ata Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, Reserva da Biosfera. A primeira parada será Betanzos, unha das capitais do antigo Reino de Galicia, da que visitarás o centro histórico. A continuación descubrirás as instalacións de Orballo en Paderne, que conta cunha plantación de té. O tren achegarate a Pontedeume, coa súa torre e ponte medieval, símbolos da vila. A xornada rematará en Ferrol, cun paseo en barco pola súa ría, defendida polos castelos da Palma e de San Felipe, e un paseo polo barrio da Madalena, do período da Ilustración. 

Tempo libre para xantar:  Pontedeume (14:30-16:25 aprox.)  

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!