Restauración do Pórtico da Gloria
Restauración do Pórtico da Gloria
  • O proceso de restauración desenvolveuse en varias fases, iniciándose no ano 2009 os estudos e diagnóstico que permitiron a redacción dunha proposta de intervención. En 2015 completouse a montaxe da estada para poder acceder a todos os relevos do nártex, abordando a intervención directa sobre os materiais
Restauración do Pórtico da Gloria
  • Tamén supuxo unha oportunidade de excepción para profundar no coñecemento desta obra e da arte románica en xeral, así como nos procesos de deterioración que afectan aos conxuntos de pedra policromada, poñendo a punto criterios de intervención e metodoloxías de traballo que unha vez sistematizados poderán servir de modelo para outras actuacións.

Antes e despois do Pórtico da Gloria

Proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria e o seu contorno, englobado no Programa Catedral de Santiago.

Arriba