CAPELA DE SAN ROQUE EN BRIALLOS

Relixioso
710
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Briallos (San Cristovo)

Lugar: O Castro e San Roque

36658  Portas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 34.2" N - 8º 38' 58.1" W

Descrición

Pequena capela de pedra (probablemente do século XVIII), dunha soa nave dedicada á advocación de S. Roque. Mostra perpiaños de diferentes tamaños con disposición irregular e tellado a dúas augas. Posúe un pequeno e característico campanario enriba da fachada e polo lado contrario a imaxe de San Roque.

Neste lugar celébranse as festas (primeiro fin de semana de setembro) de S. Roque e á Virxe de Lourdes (domingo).

Acceso

A capela de San Roque queda a 5 minutos en coche dende o núcleo municipal. Para chegar a ela tense que coller cara a dereita na EP-0507 ata chegar ó cruce coa estrada EP-8102 xirando á esquerda. O destino estará a 400 metros, á esquerda.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Estilos

Renacentista
Arriba
Axúdanos a mellorar!