FERVENZA DE AUGACAÍDA

Fervenzas
436
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilar de Ortelle (Santiago)

Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 02.1" N - 7º 42' 45.6" W

Descrición

A maneira máis doada de chegar a esta fervenza é coller a estrada de Ferreira de Pantón a Escairón. Despois de 4 Km collemos o desvío cara a Mariña, Marce e Guítara e á altura do Km 9,5 seguimos a indicación cara a Marce para atopar un pequeno aparcadoiro, só para dous ou tres coches, no que poderemos deixar o noso vehículo para seguir a pé ata a fervenza.

O primeiro quilómetro discorre por un camiño ancho e empedrado nalgúns treitos, por bosque de carballos e entre terrazas de viñedos abandonados. Despois de camiñar 1,2 Km atopamos unha vella adega e, un pouco máis adiante, vemos o indicador cara a fervenza. Comezamos a baixar por unha estreita senda que enlaza despois cun treito de acusado desnivel que se salva cunha portentosa escaleira que parece engulirnos nas profundidades da terra.

Unha vez na fervenza, cunha caída duns 40 metros, poderemos asomarnos a un miradoiro dende o que poder admirala en todo o seu esplendor. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba