CORGA DA FECHA

Fervenzas
512

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 50' 41.8" N - 8º 06' 26.1" W

Descrición

A Corga da Fecha, unha das fervenzas máis altas de Galicia, só pode verse despois de días de moita choiva. As súas augas desembocan no río Caldo que pasa ao lado do Balneario de Lobios, onde poderemos deixar o coche para continuar a pé por unha pista que discorre sobre o que hai dous mil anos, en época romana, foi unha importante vía de comunicación que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga).

A uns 800 m de onde se inicia o camiño, antes de cruzar o río, colleremos unha pista que ascende á man esquerda. Non ten perda porque hai un cartel que indica a dirección a seguir e que nos levará a unha primeira fervenza, que será só un anticipo do que nos falta por ver.

Se queremos subir á parte alta teremos que ascender por un sendeiro rochoso e con forte pendente que nos permite ir parando en diferentes alturas para observar a fervenza dende distintos puntos

IMPORTANTE: debemos ascender con moita precaución, sobre todo se o terreo está mollado.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!