FERVENZA DA RUXIDOIRA

Fervenzas
419
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Paradela (San Miguel)

Paradela - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 54.1" N - 7º 33' 48.2" W

Descrición

Esta fervenza atópase no PR-G 14 Ruta do río Loio, que comeza xunto ao parque infantil da Ruxidoira, en Paradela, e remata na ponte que hai xunto á foz do Loio.

Ao longo desta ruta lineal, de case sete quilómetros de percorrido, atravesaremos zonas de vexetación autóctona e veremos algúns muíños restaurados e varios saltos de auga. O mais destacado deles é a fervenza da Ruxidoira, de 8 m de altura, que está a 600 metros camiñando dende o comezo da ruta.. 


Camiños de Santiago

Camiño Francés
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba