POZO DA MOURA, POZO DAS MEIGAS E FERVENZA DE VERDEAL

Fervenzas
239

Localización

Parroquia: Domaio (San Pedro)

Moaña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 17' 53.9" N - 8º 41' 00.7" W

Descrición

No Corredor do Morrazo tomaremos a saída a Domaio e colleremos cara ao monte. Chegaremos a unha urbanización que está a medio construír e  ali deixaremos o coche. Ao fondo da urbanización existen uns carteis interpretativos da zona. Sae un carreiro ao seu lado que collemos. Existe unha  lenda en torno ao Pozo da Moura Cóntase que hai moitísimos anos chegou a terras de Domaio un mouro coa súa fermosa filla. A rapariga namorouse perdidamente dun labrego do lugar, atopándose con el neste lugar. O pai, contrario a esta relación, sorprendeunos na poza dando morte ao labrego. A moza toleada pola dor mergullouse na poza e desapareceu. Dise que desde entón nas noites de verán óense os queixumes da moura procedentes da poza. Na noite de San Xoán, segundo a lenda, a moura aparécese na poza peiteando a súa longa cabeleira cun peite de ouro. A poza atopámola no río Muiños, da  Miñouva, das  Freixas ou da Pasaxe, que nace na serra de Domaio e desemboca na ría de Vigo. Salva un desnivel duns 50 metros en rochas  graníticas, o último tramo pechado entre as casas. Está rodeado de acacias e eucaliptos na parte alta. Está afectada pola construción da ponte da vía  do Morrazo. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!