POZO FUMEGAS

Fervenzas
145

Localización

Parroquia: Cerdedo (San Xoán)

Lugar: Meilide

Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 31' 22.1" N - 8º 23' 12.2" W

Descrición

Para chegar ao comezo do roteiro, hai que chegar a Cerdedo e desde alí dirixirse a Meilide. En fronte da capela sae un camiño empedrado que segue o roteiro do Padre Sarmiento. A fervenza do Pozo Fumegas atópase no río  do Seixo que baixa da Sierra  do  Cando (monte  do Seixo) por un estreito val no que se encaixa formando abundantes rápidos, pozas e pequenos saltos.  Remontaremos o río pola súa marxe dereita uns 600 metros , por unha senda que está ben conservada ata chegar ao Pozo Fumegas, onde o río salta un desnivel duns catro metros. Neste mesmo puinto desemboca o Regueira de  Covaladrós en forma de  fervenza. O roteiro está sinalizado. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba