FERVENZAS DO RÍO TRONCEDA

Fervenzas
248
No Camiño de Santiago

Localización

Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 26' 54.2" N - 7º 21' 40.9" W

Descrición

As fervenzas do río Tronceda ou río Masma atópanse no concello de Mondoñedo. O río Tronceda nace na serra do Xistral e desemboca na ría de Foz xunto á praia da Rapadoira, no mar Cantábrico.

Dende o núcleo urbano de Mondoñedo collemos a estrada LU-160 en dirección ao Valadouro. Despois de 2,8 km, no lugar da Recadieira, atoparemos as indicacións cara a Área Recreativa da Fervenza. Unha vez na área de lecer, estacionaremos o noso vehículo para gozar deste espazo que conta con fontes, mesas e grellas. Ademais, atoparemos unhas piscinas naturais nas que refrescarse nos días de máis calor.

O río Tronceda encaixa aquí nun canón polo que descende formando tobogáns e fervenzas, a máis alta duns 15 metros de altura.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba