PR-G84 ROTA DE SUBIDA AO PICATO

Sendeirismo
No Camiño de Santiago
395

Localización

Trabada - Lugo

Coordenadas:
43º 24' 39.0" N - 7º 14' 19.0" W

Descrición



Interese paisaxístico
Na área recreativa existe un panel informativo sobre a rede de sendeiros.

No inicio a ruta apenas ofrece dificultade, pero a medida que se interna no bosque de piñeiros vólvese máis empinada, ata chegar ao Alto do Picato (743 m) desde onde se pode gozar dunha fermosa vista.

A senda zigzaguea e descende para abandonar o bosque e gozar das paisaxes de Santiago de Vilapena e a súa fraga. O regreso faise por un trazado practicamente chan ata alcanzar punto de partida.

Acceso

Na estrada CP-55-06 de Trabada ás Rodrigas (capital do concello de Riotorto), onde sae o desvío para Vilapena.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Material

Calzado deportivo e cantimplora.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Casa do Concello de Trabada
Rúa do Concello, 15. 27765 Trabada
Tel.: 982 135 011 / Fax: 982 135 257
Federación Galega de Montañismo
Edificio das Federacións Deportivas Galegas
Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
e-mail: info@fgmontanismo.com
www.fgmontanismo.com

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 24-II Vilanova de Lourenzá; 24-IV A Pontenova

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Punto de partida/chegada

Estrada de Trabada ás Rodrigas, no refuxio e área recreativa do Alto do Couso - UTM:29T X:642715 Y:4808160

Links

Percorrido

Área recreativa do Alto do Couso, Alto do Picato, Monte da Cerdeira e área recreativa do Alto do Couso.

Conexións

Co PR-G 83.

Un plus

Un bo complemento á rota é desprazarse ata Vilanova de Lourenzá e admirar o seu antigo mosteiro de S. Salvador coa igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores. Construído en 1732 ten unha torre inacabada por problemas presupostarios durante a época da súa construción. De estilo barroco, é obra de Casas Novoa, arquitecto máis coñecido pola fachada do Obradoiro da catedral de Santiago.

Servizos

Fóra do sendeiro, en Trabada ou en Vilanova de Lourenzá.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 512 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 737 m.
Desnivel acumulado baixando: 228 m.
Desnivel acumulado subindo: 229 m.

Dificultade

Baixa

Lonxitude

Lonxitude descrición: A variante mide 1,1 km.
Lonxitude (Km.): 7.8

Duración

2

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido
Última actualización: 22/11/2016
Arriba