Contan as lendas que os homes e mulleres que viven nesta costa foron nas súas orixes fillos das baleas e os peixes. Rodeada de cantís de 600 m de altura, a pequena Ría de Cedeira ten un gusto salgado e eterno... Isto é o mar, bravo e xeneroso. Un mar de percebes. A praia máis espectacular da ría é Vilarrube, con forma de media lúa.