Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > Lugo > Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de Lugo

As festas de Lugo, as Festas de San Froilán, son das máis concorridas de Galicia... e duran case toda a primeira  quincena de outubro e a parte gastronómica prolóngase todo o mes. Durante este tempo, Lugo convértese a unha mesma relixión: a do teatro, a música, as verbenas, os pasacalles e as tapas! Para moitos, as mellores de Galicia, sobre todo riquísimas especialidades gastronómicas: o polbo á feira, a carne ao caldeiro e as riquísimas sobremesas tradicionais lucenses.

Lugo é tamén e, sobre todo, unha cidade cun espléndido pasado romano como se pode ver na Muralla que a rodea que é Patrimonio da Humanidade, nas Termas ou a Ponte Romana. E non se pode deixar pasar unha visita á Catedral e á Virxe dos Ollos Grandes, unha preciosa talla medieval de pedra policromada. E para recuperar forzas, unha tapa e un viño mencía nas concorridas tabernas do casco histórico.

Ampliar
  • Termas Romanas

    Termas Romanas

    Construídas entre o s. I e II. Consérvanse diferentes partes como o Apoditerium e o Caldarium. Atópanse no interior do edificio do Balneario.

  • Muralla Romana

    Muralla Romana

    Construída entre o 260 e o 310. Ten 2.140 m. de perímetro e 71 cubos, destacando o da Mosqueira, único que conserva os ocos orixinais. Conta con dez portas de acceso e seis accesos interiores para subir a ela. Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.

  • Ponte Romana

    Ponte Romana

    Levantada no s. I, reconstruída no s. XII e reedificada no s. XIV con arcos apuntados. No século XVIII foi obxecto de profundas reformas que nos dan a perspectiva actual.

  • Catedral

    Catedral

    Construída sobre os cimentos de dúas basílicas anteriores. O seu comezo data do s. XII, de factura románica (nave central, parte das naves laterais,os brazos do cruceiro e o triforio), pero con intervencións sucesivas nos estilos gótico, barroco e neoclásico. Ten planta de cruz latina.

  • Pazo Episcopal

    Pazo Episcopal

    Obra de Gil Taboada de 1738. Aire sobrio e portada barroca clásica.

  • Igrexa e Convento dos Padres Franciscanos

    Igrexa e Convento dos Padres Franciscanos

    A Igrexa é de estilo gótico, na actualidade baixo a advocación de S. Pedro. O convento alberga o museo provincial. Comezou a construírse no s. XIII. Conserva un excepcional claustro de transición románico-gótico, a cociña e o refectorio do convento.

  • Casa do Concello

    Casa do Concello

    É unha das obras máis representativas do barroco civil galego, erixida no segundo cuarto do s. XVIII por Lucas Ferro Caaveiro, aínda que a torre do reloxo é un engadido do s. XIX.

  • Igrexa de Santa María a Nova

    Igrexa de Santa María a Nova

    Foi igrexa do Convento de Santiago, fundado no s. XIII. Reconstruíuse no s. XVIII e foi espoliada durante a invasión napoleónica.

  • Pazo de San Marcos

    Pazo de San Marcos

    Obra de finais do s. XIX, inicialmente destinado a hospital e hoxe sede da Deputación Provincial.

  • Igrexa de San Froilán

    Igrexa de San Froilán

    Pertenceu ao antigo hospital de S. Xoán de Deus.

  • Igrexa Conventual de San Domingos

    Igrexa Conventual de San Domingos

    Edificado no s. XIII, planta oxival de tradición románica. Da construción gótica orixinal só están visibles no exterior as tres ábsidas poligonais da cabeceira. No interior destacan os sepulcros de personaxes da nobreza medieval.

  • Capela da Soedade

    Capela da Soedade

    Erixida ao longo do lateral sur da Igrexa de San Pedro (antiga conventual de S. Francisco).

  • Capela de San Roque

    Capela de San Roque

    Segue os canons do barroco compostelán, de planta central, obra de Lucas Ferro Caaveiro.

  • Capela do Carme

    Capela do Carme

    Estilo barroco compostelán do s. XVIII.

  • Casa dos Mosaicos

    Casa dos Mosaicos

    Doctor Castro 20-22, restos dunha casa romana in situ. Sala arqueolóxica na que se poderán ver e coñecer, ademais, o aspecto deste lugar no momento da súa construción a través dun vídeo.

  • Praza do Campo

    Praza do Campo

    É moi probable que fose o lugar onde se erguía o foro romano. Hoxe é o centro do Lugo antigo, lugar típico e moi agradable para o paseo, coa fonte de San Vicente de traza barroca no centro. Combina en harmonía algúns pazos con soportais e construcións máis modernas.
     

Non deixes de ver...

Destacado

  • Parque do Miño

O visitante de Lugo non debe abandonar a cidade sen facer algún tramo da ruta que parte do Centro de Interpretación da reserva da Biosfera "Terras do Miño" na ribeira do río Fervedoira, e percorre uns 18 quilómetros pola marxe esquerda do Miño ata a desembocadura do río Neira.

Nel pódese admirar a beleza das ribeiras e a riqueza natural do río máis importante de Galicia e dos afluentes que nel van desaugando. Na mesma cidade de Lugo, e formando parte deste conxunto, é moi agradable o paseo polo Parque do Miño, que abrangue a franxa lonxitudinal entre a estrada de Madrid (N-VI) e a marxe esquerda do río, desde o barrio da Ponte ata o da Tolda, na confluencia co río Fervedoira, á beira do cal continúa o parque periurbano do Rato.

Todo un circuíto asombrado de especies arbóreas autóctonas. A zona de maior accesibilidade parte do balneario onde ademais podemos visitar as termas romanas. O proverbial remanso do Miño acompáñanos neste treito do parque que está deseñado en tres zonas: unha peonil seguindo a liña dos ameneiros e a vexetación de ribeira, outra para bicicletas de cómodo traxecto, e unha terceira de coches que comunica ata tres áreas de aparcadoiros. Conta ademais con bancos e zonas de lecer para os máis pequenos.

 

Propoñémosche estes plans...

ver máis...

Axenda cultural...

Muralla Romana de Lugo

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Muralla Romana de Lugo

A muralla romana que rodea a cidade de Lugo é a única do mundo que se conserva enteira...

Lugo e a Terra Chá

XEODESTINO

Lugo e a Terra Chá

Esta é unha terra como non ha outra igual. A Terra Chá é unha inmensa chaira, a máis grande de Galicia...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba