Descende o Miño de Parador en Parador

A auga do Miño, o noso río máis famoso, acompáñanos entre Paradores nunha viaxe de 360 km por montañas e vales, cruzando encoros e canóns milenarios de costa a costa. Xornada a xornada vánsenos descubrindo cidades e vilas como Ribadeo, onde avistaremos o Cantábrico;  Vilalba, señora da Terra  Cha; o Lugo romano; a  señorial Monforte de Lemos; Ourense termal; Tui fronteirizo e Baiona, aberta ao Atlántico.

Coñece a gastronomía das comarcas agrícolas e gandeiras e paraxes protexidas como a Reserva da  Biosfera Terras  do Miño e o estuario na desembocadura. Como premio adicional, cruzamos as paisaxes do viño, tan distintos: a viticultura heroica da Ribeira Sacra; a Denominación de Orixe máis antiga de España no Ribeiro; o cultivo do albariño Rías Baixas no tramo final. 

Paradores de Ribadeo, Santo Estevo e Baiona

No Parador de Ribadeo os almorzos son fronte á ría, nun casarón de estilo mariñeiro con vistas á desembocadura do Eo. Unha vez repostas as forzas emprenderemos a nosa aventura, sempre marcada polo discorrer da auga.
A nosa primeira parada é no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño, un lugar ideal para a exploración da contorna e as súas rocas. En só 5 km chegamos a Fonmiñá, onde o río Miño se estanca creando unha lagoa rodeada de mitos e lendas a 600 metros de altitude.
Para comer… Lugo, despois de percorrer a súa muralla camiñamos gozando da súa gastronomía mentres nos empapamos do seu pasado romano.
Chegamos ao pobo de Belesar na Ribeira Sacra e atopamos unha paisaxe diferente, dominado por socalcos onde descubrimos a cultura do viño visitando as adegas da zona.
Desde aquí pasamos pola súa presa antes de chegar ao Mosteiro de Santo Estevo, hoxe convertido en Parador de Turismo onde nos aloxamos inmersos nunha paraxe de gran beleza.
Pola mañá continuamos o noso percorrido desde o Miradoiro do Cabo do Mundo ata a Praia de Cova, ideal para gozar da auga nesta calorosa zona nos meses de verán.
A 7 km río abaixo, entre as localidades de Marce e Guítara, comeza a ruta de sendeirismo de Augacaída e Castro de Marce, cun espectacular salto de auga que non quererás perderche. Terminada a andaida, encamiñámonos dirección a Os Peares para ver como o Sil une as súas augas ao Miño.
Ourense é ideal para comer o típico polbo ou orella cocida acompañados de viños da D.O. Ribeiro e para relaxarnos nas súas termas sobre o Miño.
Ao solpor chegamos a Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro e famosa pola súa xudería. A nosa seguinte parada será a 30 km, en Arbo, onde a raíña da mesa é a lamprea, que conta co seu propio centro de interpretación.
Pasaremos a noite no Baixo Miño no Parador de Baiona. Alí descansaremos gozando da fantástica vista sobre as Illas Cíes.
Pola mañá visitaremos Tui, situado na aba do Parque Natural do Monte Aloia. Cruzando a Ponte Internacional atopamos Valença do Miño (Portugal) coa súa fortaleza, que encerran historia e moito comercio.

A nosa última parada é a desembocadura do Miño na Guarda, pero se preferimos as alturas, o final obrigado será o Monte Santa Trega.
 

Paradores de Vilalba, Monforte e Tui

Almorzamos no Salón de Andrade, no Parador de Vilalba. Poñémonos en ruta dispostos a iniciar a nosa aventura, sempre marcada polo discorrer da auga.
A nosa primeira parada é no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño, un lugar ideal para a exploración da contorna e as súas rocas. En só 5 km chegamos a Fonmiñá, onde o río Miño se estanca creando unha lagoa rodeada de mitos e lendas a 600 metros de altitude.
Para comer… Lugo, despois de percorrer a súa muralla camiñamos gozando da súa gastronomía mentres empapámonos do seu pasado romano.
Chegamos ao pobo de Belesar na Ribeira Sacra e atopamos unha paisaxe diferente, dominada por socalcos onde descubrir a cultura do viño visitando as adegas da zona.
Chegamos á vila de Monforte, estamos na capital da Ribeira Sacra, onde nos aloxaremos no seu Parador. O museo do ferrocarril fará as delicias dos máis pequenos e os amantes deste medio de transporte.
Pola mañá continuamos o noso percorrido desde o Miradoiro do Cabo do Mundo ata a Praia de Cova, ideal para gozar da auga nesta calorosa zona nos meses de verán.
A 7 km río abaixo, entre as localidades de Marce e Guítara, comeza a ruta de sendeirismo de Augacaída e Castro de Marce, cun espectacular salto de auga que non quererás perderche. Terminada a andaina, encamiñámonos dirección a Os Peares para ver como o Sil une as súas augas ao Miño.
Ourense é ideal para comer o típico polbo ou orella cocida acompañados de viños da D.O. Ribeiro e para relaxarnos nas súas termas sobre o Miño.
Ao solpor chegamos a Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro e famosa pola súa xudería. A nosa seguinte parada será a 30 km, en Arbo, onde a raíña da mesa é a lamprea, que conta co seu propio centro de interpretación.
Pasaremos a noite no Baixo Miño, no Parador de Tui que reproduce fielmente un bonito pazo tradicional galego.
Pola mañá visitaremos Tui, situado na aba do Parque Natural do Monte Aloia. Cruzando a Ponte Internacional atopamos Valença do Miño (Portugal) coa súa fortaleza, que encerran historia e moito comercio.

A nosa última parada é a desembocadura do Miño na Guarda, pero se preferimos as alturas, o final obrigado será o Monte Santa Tecla.

Arriba