Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Costa da Morte > Engadir á "Miña viaxe"

Costa da Morte no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Destacado...

De Faros e Cabos

De Faros e Cabos

A luz do Faro de Fisterra -que chega a alcanzar os 65 km de lonxitude- guía os barcos na súa navegación por estas augas perigosas...

ver máis

Costa da Morte

Presentación...

O xeodestino Costa da Morte abrangue os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Aquí estaba a fin do mundo, o "Finis Terrae" dos romanos. Concretamente, en Cabo Fisterra, un lugar fascinante desde a máis remota antigüidade, e onde moitos peregrinos dan por finalizado a súa viaxe despois de pasaren por Santiago de Compostela.

A lendaria Costa da Morte debe o seu nome aos numerosos naufraxios que aquí ocorreron. Unha agreste franxa costeira con praias inmensas como Carnota, O Rostro ou Baldaio e tamén cantís, fortes correntes e repentinos temporais que a fan tan temida polos navegantes. Aquí manda o mar. Así nolo recorda o Cemiterio dos Ingleses, preto de Cabo Vilán, onde foron enterrados os mariñeiros do Serpent que naufragaron en 1890. E quizá para pedir clemencia ao ceo, esta é tamén unha costa zarrapicada de santuarios máxicos, como o da Virxe da Barca.

Mais ás veces, o mar intérnase na terra e convértese nunha protectora ría: Corcubión, Lires, Camariñas, Corme e Laxe. Vilas con auténtico sabor mariñeiro e moitas historias que contar. Como os hórreos xigantes de Carnota e Lira. Ou a delicadeza dos encaixes de Camariñas.
 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba