O escudo de Ribadeo recórdanos que é aquí onde se garda a chave que abre a porta de Galicia, unha chave de ouro achada no mar. Entre Galicia e Asturias, a Ría de Ribadeo é un estreito brazo de mar duns 10 km, punteado aquí e alá polas barcas de vela latina que sucan a desembocadura do río Eo.