Aquí escóndese un dos tesouros de Galicia, feramente gardado polo mar. En Punta do Roncudo, nuns cantís batidos por unhas ondadas inclementes, danse os mellores percebes do mundo. Pero tamén aquí, as brancas cruces que rodean o faro recordan aos percebeiros que perderon a vida aos seus pés. En plena Costa da Morte o océano dá unha pequena tregua e convértese na Ría de Corme e Laxe.