Ría de Vigo

Protexida do océano polas illas Cíes, a ría de Vigo ábrese ao norte en Cabo Home e ao sur en Cabo Silleiro. Esta é a ría dos tesouros, porque aquí, na marabillosa enseada de San Simón, hai ducias de galeóns afundidos cargados co ouro das Américas. Ademais, a ría encerra algunhas das mellores praias de Galicia: Barra e Nerga en Cangas, Samil e O Vao en Vigo, Praia América en Nigrán... E tamén a que para moitos é a mellor praia do mundo, a de Rodas nas illas Cíes.

En Vigo non hai que esquecer o ambiente nocturno e, de día, as vistas desde O Castro. E por suposto, hai que tomar unhas ostras na Pedra. Despois é obrigado cruzar a ría no vapor para ver Cangas e Moaña, vilas de auténtico ambiente mariñeiro. Ou a señorial Baiona, desde onde se anunciou ao mundo o descubrimento de América. Ou Redondela, famosa polas súas festas... e a súa empanada de chocos.

Sendo Vigo o porto pesqueiro máis importante de España, aquí cómese de marabilla.
Arriba
Axúdanos a mellorar!