Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Rías no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Rías Baixas

XEODESTINO

Rías Baixas

O paraíso podería estar aquí. Desde o Monte Louro en Muros ata a desembocadura do Miño...

Espazos Naturais

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Aquí está a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, dío o xornal The Guardian. É a praia de Rodas nas Illas Cíes. Augas cristalinas e tranquilas, area fina e dourada, unha suxestiva forma de media lúa e, protexendo a praia, un bosque de piñeiros que invitan á sesta.

Se no pasado as Cíes foron refuxio de piratas, agora están deshabitadas e abertas ao público só no verán. Así, consérvanse como un paraíso natural, sen présas, sen tráfico. Só o rumor das ondas e o vento. Mais se botas de menos o ruído, sube ao Faro. As vistas son impresionantes e poderás gozar dun espectáculo único: o balbordo de milleiros de gaivotas (quizais a maior colonia de Europa) nos cantís... voando aos teus pés.

Alén das Cíes, o parque das Illas Atlánticas inclúe Ons, Sálvora e Cortegada. En Ons non podes deixar de contemplar as misteriosas "furnas", covas mariñas esculpidas en granito que como a lendaria "Burato do Inferno", dicíanse que baixaba ata o mesmo inferno e nas noites de tormenta podíanse oír as voces dos mortos. E logo, para recuperar forzas, nada como saborear o famoso "polbo á Illa".

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba