Excursión Ribeira Sacra - O Cañón do Sil

Excursión dun día á Ribeira Sacra con saída desde Ourense. Propoñémoslle unha ruta en catamarán para contemplar a maxestosidade do Canón do Sil, visitas culturais e visita a adega con cata de viños D.O. Ribeira Sacra.
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
Esta é a excursión grupal máis completa que pode atopar para unha visita dun día á Ribeira Sacra.

Ao longo do día descubrirá os segredos e misterios que rodean este máxico territorio, todo en pequenos grupos dun máximo de 21 persoas e na procura da sustentabilidade do propio destino.

Desfrutaremos dunha visita a dous dos seus maxestosos mosteiros, faremos unha ruta en catamarán polo Canón do Sil, teremos tempo para gozar de dous dos seus miradoiros e tamén para degustar algunhos caldos da D.O. Ribeira Sacra coa visita a unha adega.

Unha xornada moi completa para poder gozar en boa compañía do que nos pode ofrecer este marabilloso e extenso territorio.

Programa Completo

Saída dende Ourense

  • 9:30 Parque de San Lázaro (centro da cidade de Ourense)
  • 9:45 Estación RENFE Ourense

Visita Mosteiro de San Pedro de Rocas

Visita a un mosteiro misterioso onde atoparemos a igrexa cristiá máis antiga de Galicia.

Ruta en Catamarán polo Canón do Sil

Navegación polo Canón do Sil para gozar desde a parte baixa da maxestosidade da zona.

Visita a Mirador de Cabezoás

Gozaremos desde a parte alta das vistas dun dos miradoiros máis visitados da zona.

Descanso para Xantar

Tempo libre para gozar do xantar (poderano incluír durante o proceso de reserva)

Visita o Mosteiro de Santa Cristina

Visita a un dos mosteiros máis máxicos da Ribeira Sacra, situado nun bosque de castiñeiros.

Visita a Mirador de Matacás

Quenda para os amantes do viño, con visita a un dos miradoiros con mellores vistas á zona de produción vitivinícola.

Visita a Adega con cata de Viños

Visita a unha adega tradicional con cata de viños. Tamén poderán adquirir viño directamente da adega.

Regreso a Ourense

  •    19:55 Parque de San Lázaro (centro da cidade de Ourense)
  •    20:00 Estación RENFE Ourense

Condicións específicas

A excursión realizarase sempre que se forme un grupo de 8 ou máis persoas, pola contra, a viaxe pode ser cancelada notificandose polo menos con 5 días de antelación. Consulta de condicións pola covid no momento de reservar.

Neste caso, ofrecerase a posibilidade de realizar a viaxe noutra data dispoñible ou, se non, a devolución dos importes pagos.

Servizos incluídos

  • Transporte en Microbús ou Furgoneta (máximo 22 prazas)
  • Guía Oficial de Turismo de Galicia (Castelán / Inglés)
  • Catamarán
  • Visitas a Monumentos
  • Visita a bodega con cata de viños
  • Seguro de viaxe

Servizos non incluídos

Xantar (contratación opcional)

Servizos non incluídos

Xantar (contratación opcional)
Arriba
Axúdanos a mellorar!