Neste tour dámosche a oportunidade de descubrir o máxico mundo de Galicia, visitando os puntos máis emblemáticos e espectaculares da súa xeografía. Coñecedores da nosa terra entraremos de cheo na súa forma de vida, paisaxes, monumentos, gastronomía, cultura e tradición.
Día 1
Chegarás a Santiago onde pasarás a noite para comezar o día seguinte esta máxica aventura por Galicia.
Día 2
PRAIA DAS CATEDRAIS
A praia das Catedrais está situada nas Rias Altas galegas, a costa norte de Galicia, é considerada una das máis espectaculares do mundo. O seu conxunto de cantiis esculpidos polo vento forman arcos, covas e bóvedas polas que poderemos pasear coa marea baixa
LUGO
Lugo é a capital de provincia máis antiga de Galicia, foi fundada no ano 25 a.c. polos romanos. Debido a súas orixes ofrécenos xoias arquitectónicas dignas de admirar como a muralla que rodea o casco antigo, que consta actualmente como Patrimonio da Humanidade, pola que poderemos pasear. Cruzaremos a ponte romana do río Miño para adentrarnos nos vestixios que nos ofrece a cidade.
Día 3
A Costa da Morte e un territorio repleto de lendas , mitos e historias, representa a natureza en estado puro coas súas paisaxes e a bravura do mar.Conta cun patrimonio espectacular, visitaremos o santuario da Nosa Señora da Barca en Muxía, o cabo Fisterra (coñecido como o fin do mundo), a fervenza do Ézaro, Carnota e Muros.
Día 4
RIBEIRA SACRA
Pola tarde propoñémosche adentrarte na Ribeira Sacra polos Cañóns do Sil, navegando en barca onde gozaremos duns paisaxes impoñentes entre montañas inacesibles. Visitaremos unha bodega onde descubriremos o proceso da uva ata chegar o delicioso viño que poderemos degustar en toda a súa esencia.
OURENSE
Ourense destaca principalmente polas súas augas, é a segunda cidade de Europa con manantiais de auga termal. Existen gran variedade de termas na cidade, na nosa visita aproveitaremos para relaxarnos nestas augas.
Día 5
ILLAS CIES
O arquipélago de Cíes está formado por tres illas: Monte Agudo, O Faro e San Martiño. Este pequeno edén de praias paradisíacas con augas cristalinas onde se atopa a mellor praia do mundo, a praia de Rodas, caracterizase polo seu entorno natural e virxe que o convirte nun observatorio de flora e fauna sen igual. Aproveitaremos a maña para descubrir e desfrutar deste marabilloso lugar.
PONTEVEDRA
Pontevedra capital das Rías Baixas posúe un dos cascos históricos máis recoñecidos histórica e culturalmente de Galicia. É unha cidade aberta o mar que non deixará indiferente a ninguén cas súas casas brasonadas, soportais, prazas e o bo coidado da cidade. En 2014 foi galardoada co premio a mellor cidade para vivir da Europa.
Día 6
Santiago de Compostela é Patrimonio Cultural da Humanidade, a súa gran beleza arquitectónica, os seus monumentos, a súa historia e ser o punto final dunha das rutas de peregrinación máis importantes do mundo valéronlle este recoñecemento. Cada año acoden miles de visitantes para descubrir esta cidade incrible, a Catedral constitúe un dos grandes reclamos. Comezaremos a nosa excursión na praza do Obradoiro, a máis coñecida da cidade, visitaremos o interior da Catedral cas súas distintas capelas e pórticos, Palacio de Raxoi, Praza das Praterías, Praza da Quintana e un sinfín de rúas pola zoa vella que non nos deixarán indiferentes.
Despois da nosa visita a Santiago fin dos nosos servicios.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.