Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: Arde Lucus&body=Recoméndoche que leas a información Arde Lucus extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES%26nid=106087
O Arde Lucus viu a luz no ano 2002 co obxectivo primordial de rememorar a fundación da cidade de Lugo a través da recreación do seu pasado romano. Ligado ao solsticio de verán, neste acontecemento conxúganse os aspectos lúdicos e culturais coa maior rigorosidade histórica posible. O seu recinto amurallado transfórmase cada ano durante tres días en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana que ofrece a quen a visita un variado programa de actividades.
A Muralla cobra durante a festa un especial protagonismo, así como as xentes que habitan a cidade e que participan activamente do espírito festivo ao tomar as rúas, xa sexa con roupas romanas ou castrexas. Ademais da recreación histórica, Lucus Augusti ofrece aos participantes unha boa oferta da gastronomía luguesa.
Concello, cidadanía, asociacións de recreación histórica e diversos organismos privados fixeron posible que o Arde Lucus medrase con forza dende a súa primeira edición ata recibir na actualidade a medio millón de visitantes.
Punto de reunión por antonomasia, o mercado (Macellum) é un fervedoiro constante de actividade. A Praza Maior é o escenario idóneo para trasladarse no tempo ata o século I. Ata a Cohors I Lucensium instala o seu campamento nesta praza, salvagardando a seguridade da cidadanía do imperio.
Outra localización que o visitante do Arde Lucus debe contemplar é o campamento onde lexionarios e gladiadores, xentes de Lucus Augusti e doutras zonas do imperio, conviven e comparten espazo con diferentes tribos castrexas. O circus, o asentamento Galaico, e o Romanus Theatrum, na Praza de Santa María, auténtico centro cultural da festa, son outros espazos que paga a pena visitar.
Destacado: A intensa actividade no Macellum.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración