Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de Ferrol

Cidade curtida en mil batallas, Ferrol é unha sabia mestura de cultura, elegancia urbana e poderío militar.

Para entrar en ambiente, un paseo polo Barrio da Magdalena, trazado exactamente como unha libra de chocolate seguindo o racionalismo da Ilustración, e con marabillosos edificios modernistas como o Teatro Jofre.

Se che gusta a historia naval, o Castelo de San Felipe, as Fortalezas e en especial, o Arsenal. Construído no século XVIII baixo os aires da Ilustración, o Arsenal é un complexo de obras hidráulicas e edificios único en Europa, entre os que se inclúe o Museo Naval, visita obrigada e moi entretida.

Pero ademais Ferrol garda sorpresas como a súa Semana Santa, a máis antiga e espectacular de toda Galicia... E un gusto pola boa mesa que se reflicte nos seus mercados, pastelarías e cafés.

Como dixo Napoleón: "Un brinde polos valentes ferroláns!"

Ampliar

Destacado

Unha experiencia que o viaxeiro non debe deixar de vivir é a visita ao Castelo de San Felipe, que nos evocará épocas pasadas e a importancia que o elemento militar tivo na construción e desenvolvemento da cidade.

  • Castelo de San Felipe

Fortaleza ás aforas da cidade, na ribeira do mar, na boca da ría. Ofrece fermosas e estratéxicas vistas da cidade e unha panorámica moi ampla da ría.

As súas orixes atópanse cara ao 1589, cando a cidade foi visitada polo monarca Felipe II e os seus enxeñeiros militares. En 1732, baixo a dirección de La Ferrière, realízanse obras de ampliación, rematadas en 1775.

 

Axenda cultural...

Ferrolterra

XEODESTINO

Ferrolterra

Xeodestino que agrupa municipios coma Ares, Mugardos, Cedeira, Ortigueira...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba